PDF - A Lus do Mundo
Transcrição
PDF - A Lus do Mundo
A LUS DO MUNDO TRALAS PEGADAS DE DÍAZ CASTRO — Un proxecto de IES Poeta Díaz Castro — alusdomundo.com - IES Poeta Díaz Castro AUTORES DUN ÚNICO LIBRO Autora Mónica Campo Duración 50 minutos Ideal para Relacionar a Díaz Castro con outros autores Materias Literatura X. Mª Díaz Castro só publicou unha obra Nimbos. O feito de que un autor sexa recoñecido por unha única obra é pouco habitual, pero hai outros casos na historia da literatura española e universal. 1. Nas listaxes que aparece a continuación tes unha serie de autores que triunfaron cunha soa obra, asocia o nome do autor coa obra correspondente: Autor 1. Harper Lee 2. Margaret Mitchell 3. Emily Brontë 4. J.D. Salinger 5. Boris Pasternak 6. Luis Martín-Santos 7. Arundhati Roy 2 alusdomundo.com - IES Poeta Díaz Castro Obras 1. Cumbres Borrascosas 2. Doctor Zhivago 3. Tiempo de silencio 4. El dios de las pequeñas cosas 5. Matar a un ruiseñor 6. El guardián entre el centeno 7. Lo que el viento se llevó Exercicios ¿Que circunstancias poden estar detrás do feito de publicar unha única obra? Investiga os motivos polos que os autores anteriores só publicaron unha obra en vida ¿Cal crees que é o caso de Díaz Castro? DÍAZ CASTRO E PESSOA Álvaro de Campos, Alberto Caeiro e Ricardo Reis son algúns dos nomes cos que se publicou a obra do poeta portugués Fernando Pessoa (1888-1935). Eses nomes non son seudónimos, non son nomes falsos, senón heterónimos, auténticos personaxes fóra da vida do autor. Fernando Pessoa traballou como tradutor, igual que Díaz Castro, e non publicou poesía en portugués ata pouco antes de morrer, a maioría da súa produción foi editada postumamente. O heterónimo Alberto Caeiro foi creado por Pessoa o 8 de marzo de 1914, o mesmo ano no que naceu Díaz Castro, e é un poeta ligado á natureza que se presenta como un simple “gardador de rebaños” a quen só lle importa sentir a realidade que o rodea. Aquí tes o poema “Coma brasas” de Díaz Castro e o poema número I de O 3 alusdomundo.com - IES Poeta Díaz Castro guardador de rebanhos de Pessoa, onde podes constatar algunhas similitudes que existen entre os dous poetas: COMA BRASAS Poeta ou non eu cantarei as cousas que na soleira de min mesmo agardan. Alumarei con fachas de palabras, ancho herdo meu, o mundo que me deron. Eí están, coma brasas contra a noite, as vellas cousas, cheas de destinos. Ollos que piden, de famentos nenos. Ollos que esperan, dunha adoescente. ¡Galiza en min , meu Deus, pan que me deron, leite e centeo e soño e lus de aurora! Longa rúa da mar, fogar da terra, e esta crus que nos mide de alto a baixo. Con este alento, eu lles darei ás cousas o drama cheo que lles nega a vida: dareilles rostos, para que se conozan, palabras lles darei pra que se entendan… O GUARDADOR DE REBANHOS Não tenho ambições nem desejos Ser poeta não é uma ambição minha É a minha maneira de estar sozinho. 4 alusdomundo.com - IES Poeta Díaz Castro E se desejo às vezes Por imaginar, ser cordeirinho (Ou ser o rebanho todo Para andar espalhado por toda a encosta A ser muita cousa feliz ao mesmo tempo), É só porque sinto o que escrevo ao pôr do sol, Ou quando uma nuvem passa a mão por cima da luz E corre um silêncio pela erva fora. Quando me sento a escrever versos Ou, passeando pelos caminhos ou pelos atalhos, Escrevo versos num papel que está no meu pensamento, Sinto um cajado nas mãos E vejo um recorte de mim No cimo dum outeiro, Olhando para o meu rebanho e vendo as minhas idéias, Ou olhando para as minhas idéias e vendo o meu rebanho, E sorrindo vagamente como quem não compreende o que se diz E quer fingir que compreende. Exercicios Explica que é ser poeta segundo cada autor. A paisaxe é un elemento fundamental na poesía de Pessoa e de Díaz Castro, explica como aparece reflectida en cada composición. Identifica os seguintes recursos estilísticos en cada poema: metáfora, comparación, paralelismo, anáfora, polisíndeton e personificación. 5