O PARCHE ANTICONCEPTIVO ESTÁ AVALIÁNDO
Transcrição
O PARCHE ANTICONCEPTIVO ESTÁ AVALIÁNDO
O GOVERNO INFORMA AO BNG Asunto: autorización e comercialización do fármaco coñecido como parche anticonceptivo O PARCHE ANTICONCEPTIVO ESTÁ AVALIÁNDO-SE NA AXENCIA EUROPEA DE AVALIACIÓN DE MEDICAMENTOS E A AUTORIZACIÓN SERÁ PARA TODOS OS PAISES DA UE O prazo para a opinión definitiva da EMEA finaliza no 2º trimestre deste ano, e a autorización para a UE será nese prazo A autorización do parche anticonceptivo denominado EVRA está avaliándo-se na Axencia Europea de Avaliación de Medicamentos (EMEA), por procedimento centralizado, que siñifica que a autorización é para todos os paises da UE, informa o Governo ao BNG en resposta a unha pergunta parlamentar realizada polo deputado Carlos Aymerich. O Executivo sinala que <España xunto con Holanda son os paises ponentes deste produto>. E indica que <o prazo para a opinión definitiva do Comité de Medicamentos de Uso Humano da EMEA finaliza no 2º trimestre do 2002, polo que a autorización para a UE estará nese prazo>. Sen máis que dicer-lle, receba un cordial saúdo Madrid, a 22 de xaneiro de 2002 Eva Lema. Gabinete de Imprensa do BNG no Parlamento do Estado
Documentos relacionados
secretaria municipal da saúde de marília – maio/2009
RELAÇÃO DE MEDICAMENTOS PADRONIZADOS - SECRETARIA MUNICIPAL DA SAÚDE DE MARÍLIA – MAIO/2009
Medicamentos Básicos
Acarbose 100mg comp.
Ácido acetilsalicílico 100mg comp.
Ácido fólico 5mg comp.
Ácido...